miércoles, 16 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS

Demo Editorial deséxavos bo nadal e un excelente 2010 no que se cumpran os vosos mellores desexos e ilusións e sobre todo que leades moito, especialmente cómics.

domingo, 23 de agosto de 2009

PREGÓN DE MANEL CRÁNEO NO FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

Neste link podedes ler unha crítica da Voz de Galicia e parte do pregón que Manel Cráneo pronunciou onte durante o XXX Festival Irmandiño de Moeche ante unha multitude de case seis mil asistentes. Unha auténtica revolta. Desde a editorial e en nome do autor queremos darlle as grazas á organización do festival polo convite.

sábado, 22 de agosto de 2009

MANEL CRÁNEO PREGOEIRO NO XXX FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

Manel Cráneo, autor de Os Lobos de Moeche, será o encargado de dar o pregón esta noite durante o "XXX Festival Irmandiño de Moeche". Ademáis se poderá visitar unha exposición con páxinas do cómic no interior do castelo e haberá varias sesións de firmas do album ao longo da tarde e noite.
Más info en:
http://www.festivalirmandino.galeon.com/XXX_Festival.html

miércoles, 22 de julio de 2009

SINATURA DE EXEMPLARES NA FEIRA MEDIEVAL DE CORUÑA

Despois do éxito da sesión de sinaturas na feira Franca de Betanzos, Manel Cráneo, asinará novamente mañá xóves 23 de xullo na feira Medieval de Coruña. Ás 20:00 h na Avda de Los Ángeles na cidade vella.

lunes, 13 de julio de 2009

OS IRMANDIÑOS DE SANTY


Santy Gutiérrez adicou unha das súas viñetas de actualidade en La Opinión a Os Lobos de Moeche o pasado domingo día 12 de xullo, dentro da súa sección A Cosa Nostra. Grazas Santy.

jueves, 21 de mayo de 2009

PRESENTACIÓN SALÓN CÓMIC BARCELONA

Manel Cráneo presentará o album Os Lobos de Moeche o vindeiro sábado 30 de maio (na Sala de Actos del Palacio nº8, feria de Barcelona (11:30 da mañá).
Ese mesmo día o autor asinará exemplares en dúas sesións, de 12:00 a 14:00 e de 20:00 ata o peche no stand de venta de Galicia onde se poderá mercar o album. Non faltedes.

miércoles, 6 de mayo de 2009

VENTA ON LINE

Seguimos facendo avances. Chegamos a un acordo con Central Librera, se non vos quedan cerca os nosos puntos de venta xa podedes mercar on line o noso cómic desde calqueira punto de Europa.

viernes, 1 de mayo de 2009

NOVOS PUNTOS DE VENTA

Seguimos ampliando a nosa rede de distribución con novas librarías en Santiago e tamén chegamos a Carballo.
Podedes consultar o listado pinchando no apartado PUNTOS DE VENTA.

jueves, 30 de abril de 2009

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO, xóves 30 abril


DEMO EDITORIAL NO SALÓ DE BARCELONA 2009

Demo Editorial participará o vindeiro mes no stand de edición galega durante o Saló del Cómic de Barcelona, onde se poderá adquirir o noso primeiro album Os Lobos de Moeche.

jueves, 23 de abril de 2009

PROXIMAMENTE: VENTA ON LINE

Os Lobos de Moeche van vento en popa e seguimos facendo avances. En breve poderedes mercar o album por internet desde calquera punto da península. Informaremos deste asunto en breve.

viernes, 3 de abril de 2009

FESTA PRESENTACIÓN EN ALITA CÓMICS

Pechamos a minixira de presentacións na Coruña cunha festa mañá as 20:00 da tarde en Alita Cómics (Rda. de Nelle, 120 B). Coa presenza de Miguel Teixido (Euroeume) e Manel Cráneo. Ademáis teremos ao actor Pablo Sanchez (San&saN) facendo o conxuro da queimada e algunha que outra sorpresa. Non faltedes.

miércoles, 1 de abril de 2009

PUNTOS DE VENTA DEMO EDITORIAL

Podedes mercar o album nas seguintes librarías:

LIBRERÍA BRAÑAS
(Gran Vía 79, Carballo) 981 700 010
A GATA TOLA
(Avda. Romero Donallo 9, Santiago) 981 595 972
LIBRERÍA KÓMIC
(San Pedro de Mezonzo , Santiago) 981 593 280
LIBRARÍA PEDREIRA
(Rúa do Home Santo 55, Santiago) 981 585 403
AENEA
(Rúa Irmáns Rey Alvite, núm.5) 981 572 567
LIBRARÍA COUCEIRO SANTIAGO
(Praza de Cervantes 6, Santiago) 981 586 237
LIVRARIA A PALABRA PERDUDA
(Rua Castiñeiros 13, Santiago) 981 554 045
EL DESVÁN DE ANDREA
(Rúa Valdoncel 18, Betanzos) 981 773 591
METRÓPOLIS
(C/María 132 bajo, Ferrol) 981 300 416
CENTRAL LIBRERA
(C/Dolores 2, Ferrol) 981 352 719
TRAMA
(Avda da Coruña 21, Lugo) 982 254 063
TOTEM
(Sto. Domingo 3, Lugo) 982 224 164
FERRETERÍA ÓSCAR
(R/Evaristo Correa Calderón, nº41, Baralla, Lugo)
BANDA DESEÑADA
(Rúa Cataluña 27, Vigo) 986 129 571
LIBRERÍA CARTABÓN
(C/ Urzáiz, 125 Vigo) 986 372 883
LIBRERÍA SOUSA
(Ronda de Don Bosco, 22 Vigo) 986 225 165
NORMA VIGO
(Avda. de Castrelos, 22 Vigo) 986 206 850
LIBRERÍA PAZ
(Rúa Peregrina 29, Pontevedra) 986 860 471
LIBRERÍA LEMOS
(Joaquín fernández Sestelo 3, Salceda de Caselas, Pontevedra) 986 349 0721
FNAC
(Plaza de Lugo SN, A Coruña) 981 215 045
LIBRERÍA ROBERTO
(Concepción Arenal 10E, A Coruña) 981 293 814
LIBRERÍA FUENTE CUATRO CAMINOS
(Concepción Arenal 19, A Coruña) 981 290 682
LIBERÍA ARENAS
(Cantón Pequeño 25, A Coruña) 981 222 442
LIBRARÍA COUCEIRO
(Praza do Libro 1, A Coruña) 981 266 377
LIBRERÍA COUCEIRO
(Ronda de Outeiro 132, A Coruña) 981 238 459
LIBRERÍA NOS
(Praza do Libro, A Coruña) 981 263 854
LIBRERÍA NOVA COLÓN
(Rúa Olmos 4, A Coruña) 981 222 206
LIBRERÍA TANXENCIAS
(Plaza Padre José Rubinos, A Coruña) 981 234 220
ALITA CÓMICS
(Ronda de Nelle 120 bajo dcha., A Coruña) 981 905 202
ALITA CÓMICS
(Rúa Orzán 110 bajo, A Coruña) 881 914 647
LIBRERÍA CARBALLIDO
(Avda Dos Caídos 4, A Coruña) 981 139 843
A LIBREIRA
(Rúa Luís Seoane 2, O Temple, A Coruña) 981 651 399
LIBRERÍA HELENA
(Avenida de Vilaboa 183 bajo, Culleredo, A Coruña) 981 662 356
AIRA DAS LETRAS
(Rúa Emilia Pardo Bazán 5, baixo, Allariz-Ourense)

VENTA A DOMICILIO:
CENTRAL LIBRERA
BIBLOS CLUBE

lunes, 30 de marzo de 2009

OS LOBOS XA ESTÁN NAS LIBRARÍAS

Hoxe comenzou a distribución de Os Lobos de Moeche nas librarías coruñesas e estes días seguiremos chegando a outros puntos de venta no resto de Galicia. En breve colgaremos neste blog un listado con eles.
Tamén pulula xa por aí unha edición limitada de postales co deseño deste mesmo fondo de escritorio que colgamos hoxe. Ademáis haberá un segundo modelo de postal que se agasallará en exclusiva desde XA en FNAC Coruña, onde teremos a nosa primeira presentación este xóves a eso das 19:00 da tarde. Esperámosvos.

martes, 17 de marzo de 2009

TEASER PRESENTACIÓNS "OS LOBOS DE MOECHE"

video

Presentamos o teaser definitivo de os Lobos de Moeche, realizado por Luís Pablo Román, que inclúe as primeiras datas de presentación do cómic. Esperamos que sexa do voso agrado e que vos anime a mercar o album. Estaremos nas librarías especializadas a finais deste mes e tamén poderedes mercar o album en Biblos Clube de lectores. Se queredes ver o teaser en HD pulsade aquí.

lunes, 16 de marzo de 2009

XA CHEGAN!!

Aí vai un novo fondo de escritorio de "Os Lobos de Moeche" e xa temos as datas de presentación do album para o mes de abril e unha morea de sorpresas esperando.

lunes, 2 de marzo de 2009

MARTÍN DE FERREIRA

Hoxe queda exactamente un mes para o lanzamento do album. Mentras tanto, aquí tedes un un novo fondo de escritorio como novo adianto no que podedes ver a Martín de Ferreira, o protagonista da historia. Esperamos que o disfrutedes.

lunes, 23 de febrero de 2009

NOVO FONDO DE ESCRITORIO

Como adiantabamos na anterior entrada queremos agasallar aos curiosos que se pasen polo noso blog polo que aquí tedes un novo fondo de escritorio. Esperamos que o disfrutedes.

martes, 17 de febrero de 2009

Un fondo de escritorio semanal

Seguimos traballando na promoción de Os Lobos de Moeche polo que a partir da vindeira semán agasallaremos aos visitantes deste blog cun novo fondo de escritorio e así faremos semanalmente ata que presentemos o album, completando un total de cinco modelos.
Ademáis traballamos xa na preparación de máis pezas promocionais que iredes coñecendo.

lunes, 16 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE avance

video

Aquí tedes o primeiro avance do teaser de Os Lobos de Moeche.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Mentras ultimamos a edición de Os lobos de Moeche queremos agasallar aos curiosos con este fondo de escritorio.

sábado, 7 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo

O vindeiro mes de marzo verá a luz a obra Os Lobos de Moeche, o primeiro lanzamento de Demo Editorial. Trátase dunha aventura gráfica escrita e debuxada por Manel Cráneo e que transcurre no ocaso do século XV.
A trama ten como telón de fondo un dos fitos históricos máis representativos da historia de Galicia que ata agora nunca fora tocado desde o cómic en formato album, a Guerra Irmandiña.
A edición deste proxecto contou coa estreita colaboración da entidade Euroeume que utilizará o cómic como peza promocional do Museo do Castelo de Moeche, lugar que proximamente abrirá as súas portas ao público e que é o epicentro da narración.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a súa andadura apostando polo cómic en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica.