martes, 28 de diciembre de 2010

SEN MIRAR ATRÁS EN A NOSA TERRA

O xornal A NOSA TERRA fai unha extensa e reflexionada crítica sobre o album SEN MIRAR ATRÁS. Podese ler aquí.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

SESIÓN DE SINATURAS DE DANI MONTERO EN ALITA CÓMICS

Mañán, día 23, Demo Editorial en colaboración con Alita Cómics, queremos celebrar as festas con todos os nosos lectores convidando a un cava a eso das 19:00 na libraría situada na Rúa do Orzán, 110.
Con esta actividade pechamos o tour de presentacións de SEN MIRAR ATRÁS de Dani Montero con un resultado moi satisfactorio, para o que contaremos coa presenza do autor que asinará exemplares da súa obra.
Non perdades a oportunidade de levarvos un exemplar customizado e mentras tanto desfrutade deste debuxo que Dani fixo para a ocasión.

domingo, 19 de diciembre de 2010

MAMED CASANOVA NA PRENSA

Hoxe o xornal LA OPINIÓN, publica un excelente e documentado reportaxe sobre Mamed Casanova onde os lectores poden achegarse unha vez máis á figura que protagoniza o noso título referenciado O FILLO DA FURIA, dos autores Manolo López Poy e Miguel Fernández.

O FILLO DA FURIA EN LUGO


Os amigos da libraría Totem, en Lugo, acolleron o pasado venres a presentación de O Fillo da Furia. O album que sae novamente reseñado hoxe na prensa, segue acadando enorme éxito.
Ao longo da tarde multitude de público foi pasando pola libraría para levarse o seu exemplar customizado polos seus autores Manolo e Miguel. Ao remate da tarde esgotáronse as existencias na tenda.

Pero esta non é a derradeira cita, aínda queda outra para rematar o tour de presentacións, que terá lugar este vindeiro martes ás 12:30 da mañán na Biblioteca Pública de Ortigueira, terra na que está ambientada a obra e por onde Mamed Casanova deixou o seu rastro histórico. Será a derradeira oportunidade de achegarse aos autores.

martes, 14 de diciembre de 2010

VENRES 17 DE DECEMBRO: ACCIÓN SIMULTANEA EN LUGO E CANGAS

Un dos grandes inventos da banda deseñada e o cinema son as esceas de acción simultánea. Neste caso aplicamos desde DEMO a teoría na propia realidade xa que o vindeiro venres 17 de decembro volveremos a facer doblete.
Por unha banda Dani Montero asinará exemplares de SEN MIRAR ATRÁS na libraría A ESMORGA de Cangas e simultáneamente en Lugo, Miguel Fernández e Manolo Poy, presentarán O FILLO DA FURIA na libraría TOTEM, un local de referencia para os lectores de cómic lucenses.
Odous actos terán lugar ás 19:00 horas.

lunes, 13 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN DEMO EDITORIAL EN FERROL


O pasado sábado a vila ferrolana acolleu unha presentación conxunta dos autores de Demo Editorial Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo. Despois de recibir a multitude de asistentes atraídos polos seus traballos, os artistas falaron distendidamente dos procesos creativos das súas obras. Ao término da actividade, que durou máis do previsto, debido ao interese do público, moitos dos presentes aproveitaron para levarse exemplares asinados polos autores, non sen antes disfrutar da proxección dos trailers promocionais das obras.
Na primeira foto podemos ver aos autores durante o acto e na segunda a recta final da sesión de sinaturas onde os últimos rezagados esperaban o seu turno para non marchar sen o seu exemplar firmado.

viernes, 10 de diciembre de 2010

CHARLA CÓS AUTORES DE DEMO EDITORIAL EN FERROL

Mañán sábado 10 de decembro, Demo editorial organiza unha charla sobre as obras Sen Mirar Atrás, O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche.
Serán os propios autores Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo os que nos desvelen algunhas pautas sobre cada obra.
Ao final da charla haberá un espazo para a sesión de sinaturas.
É a primeira vez que a editorial Demo se achega a facer un evento na cidade ferrolana.

martes, 7 de diciembre de 2010

MIGUEL FERNÁNDEZ E MANOLO POY FIRMANDO EN VIGO




Estas son algunhas das fotos da presentación de O FILLO DA FURIA na librería Banda Deseñada de Vigo. Unha vez máis unha xornada amena onde os lectores puideron achegarse aos autores e levarse os seus exemplares customizados pola arte de Miguel Fernández.

jueves, 2 de diciembre de 2010

FOTOS PRESENTACIÓNS DANI MONTERO


Publicamos algunhas fotos das presentacións de SEN MIRAR ATRÁS nas librarías Kómic de Santiago e Banda Deseñada de Vigo. Nas dúas de arriba podemos ver de esquerda a derita a Pio(Lib.Kómic), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Dani Montero (autor da obra).

A libraría Banda Deseñada de Vigo tamén acolleu a Montero o pasado mes de novembro. Nas fotos de abaixo podemos ver a Dani facendo gala do seu seu arte diante dos lectores que se foron achegando ao longo da tarde.

Con isto imos chegando xa ao final deste tour de presentacións 2010 do que aínda restan tres novas datas pendentes en Ferrol, Cangas e A Coruña.

martes, 23 de noviembre de 2010

NOVAS PRESENTACIÓNS SEN MIRAR ATRÁS

Este é o cartel que o propio Dani Montero preparou para a súas seguintes presentacións. Seguimos promocionando o seu primeiro album, Sen Mirar Atrás, presentando por Galicia a súa edición en galego. Neste caso o autor firmará exemplares este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo respectivamente.
Desde a súa saída no último festival Viñetas Desde o Atlántico o pasado mes de agosto, o album, premiado có Castelao 2009 da Deputación de A Coruña, esta recibindo críticas do máis favorable como a que se pode ler esta semán no blog La Cárcel de Papel, un dos blogs especializados máis seguidos de España.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

DANI MONTERO NA LIBRARÍA KÓMIC (SANTIAGO)

Este venres, 12 de novembro o autor, Dani Montero, volve á carga cunha sesión de sinaturas do seu afamado album Sen Mirar Atrás que lle custou ben caro, nada máis e nada menos que o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación de A Coruña. Demo Editorial continua deste xeito coa promoción deste fantástico album.
A sesión terá lugar na Librería Kómic de Santiago, ubicada na Rúa San Pedro de Mezonzo e pioneira entre as librarías especializadas en banda deseñada, camiño dos 30 anos de experiencia. Non esperedes máis, se aínda non tedes un exemplar customizado polo autor, esta é a ocasión.

jueves, 4 de noviembre de 2010

MAMED CASANOVA EN PAZ E BANDA DESEÑADA (Pontevedra e Vigo)

Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.
Deste xeito arranca O Fillo da Furia, a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
Este fin de semán os autores asinarán exemplares en:
Venres 5 de novembro
LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)
18:00 h
Sábado 6 de novembro
BANDA DESEÑADA (Vigo)
18:00 h

viernes, 29 de octubre de 2010

DEMO EDITORIAL NO FARO DE VIGO

O diario Faro de Vigo, adicóu hoxe unha páxina enteira á presentación de Demo Editorial no Salón de Cómic de Cangas. Se estades interesados en leela pinchade aquí.
(Foto:Faro de Vigo)

jueves, 28 de octubre de 2010

PRESENTACIÓN: O FILLO DA FURIA NO MAGOSTO DE AS NOGAIS


O vindeiro luns, día 1 de novembro, as 16:30 temos unha nova cita cós autores de O Fillo da Furia. Esta vez no Concello de As Nogais durante a Festa do Magosto. Os autores proxectaran imaxes da obra e o trailer e explicaran como fixeron o album abordando diferentes aspectos da vida de Mamed Casanova, calificado como o último bandoleiro romántico. E logo da charla, a degustar as castañas e chourizos asados desta festa popular.

sábado, 16 de octubre de 2010

DEMO EDITORIAL NAS XORNADAS DE BD DE OURENSE

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe na súa edición ourensán unha nota sobre a presentación de onte en Ourense na que estiveron presentes os autores de O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche. O acto foi un éxito de asistencia xa que se achegaron entre outros un bo número de alumnos de ilustración da escola de artes Antonio Faílde.

lunes, 11 de octubre de 2010

PRESENTACIÓN SEN MIRAR ATRÁS EN FNAC

Este mércores día 13 de outubro, ás 19.30 horas, presentamos en FNAC (A Coruña) a obra Sen Mirar Atrás, de Dani Montero. Haberá unha proxección do trailer do libro, charla có autor e sesión de sinaturas.
Con esta actividade iniciamos unha serie de presentacións da obra por toda Galicia despois do tour de presentación da edición en castelán que levou ao autor por diferentes cidades do estado.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

viernes, 17 de septiembre de 2010

PRESENTACIÓNS DEMO EDITORIAL ESTE VENRES


Esta tarde as 19:30 presentamos O Fillo da Furia en Alita Cómics (Rda de Nelle, A Coruña).
A presentación contará coa presenza do autor Miguel Fernández e do editor Manel Cráneo. A actividade contará coa música de DJ Invisibleman, sorteo de agasallos e o convite a un viño aos asistentes por parte da editorial.

Simultaneamente en Lleida presentamos o título SIN MIRAR ATRÁS, no pub Antares. A actividade está organizada en colaboración coa libraría Norma de Lleida e contará coa presenza do autor Dani Montero, nun acto conxunto no que participarán ademáis Victor Rivas , J.M. Cazares y M.A. Bergés presentando tamén as súas últimas obras.

jueves, 16 de septiembre de 2010

SEN MIRAR ATRÁS NO SUPLEMENTO CULTURAS

Reproducimos a crítica do album Sen Mirar Atrás feita polo xornalista Ruben Santamarta no suplemento Culturas de La Voz de Galicia e que foi publicada na edición do pasado 4 de setembro. Tan só matizar que a edición en galego non custa 12 euros como indica a nota da reseña senón 13,50 e que conta de 96 páxinas contando cós contidos extras.

martes, 14 de septiembre de 2010

lunes, 13 de septiembre de 2010

TRAILER: SIN MIRAR ATRÁS

Comenzamos la promoción de nuestro primer lanzamiento en castellano. Sin Mirar Atrás, de Dani Montero. La obra será distribuida a nivel estatal por SD Distribuciones y podrá encontrarse en las librerías a partir de esta semana.
Para abrir boca os dejamos con el trailer de esta obra que ha sido galardonada con el Premio Castelao de Banda Deseñada 2009 de la Diputación de A Coruña por decisión de un jurado formado entre otros por Carlos Portela, Miguelanxo Prado y Angel de La Calle. Esperamos que sea de vuestro agrado.
En breve publicaremos la versión en galego.

viernes, 10 de septiembre de 2010

ENTREVISTA A MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ EN RADIODIFUSIÓN

Reproducimos a entrevista realizada aos autores de O Fillo da Furia en Radiodifusión pouco antes da presentación do album en FNAC, onte, 9 de setembro. Esperemos que disfrutedes achegándovos un pouco máis á figura de Mamed Casanova, o bandoleiro en torno ao que xurdiu esta historia que se alimenta dun pasado cercano gracias a esta completa entrevista realizada por Eva Ocampo no programa Viraventos.

jueves, 9 de septiembre de 2010

ARTIGO SOBRE O FILLO DA FURIA EN EL PAÍS

O diario El País, publica hoxe na súa edición galega un completo reportaxe sobre o noso título O Fillo da Furia. Os autores Manolo Poy e Miguel Fernández serán entrevistados tamén esta tarde na emisora Radiodifusión ás 19:00, media hora antes da presentación en FNAC.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

PRESENTACIÓN O FILLO DA FURIA EN FNAC

Hoxe xoves, ás 19.30 horas, presentaremos O Fillo da Furia en FNAC. O acto contará cós autores, Manolo Poy e Miguel Fernández e o editor Manel Cráneo.
Pasarase o trailer do libro e a continuación falarase da obra. A actividade continuará cunha sesión de sinaturas de exemplares.
Os lectores que merquen o título en FNAC serán agasallados cunha postal de edición limitada. A oferta durará ata esgotar existencias.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

REPORTAXE DEMO EDITORIAL EN GALICIA MÓVESE

Podedes ollar unha entrevista en video estupenda que fixo a xente da Biblioteca de Os Rosales (A Coruña) durante o Viñetas desde o Atlántico no seu blog Galicia Móvese.

Ademáis xa estamos na parrilla de saida para a presentación de O Fillo da Furia en FNAC o día 9 de este mes e podedes ler tamén unha reportaxe por jaureguizar sobre o album na edición de onte do xornal EL PROGRESO.

lunes, 30 de agosto de 2010

viernes, 27 de agosto de 2010

DEMO EDITORIAL NO XORNAL GALICIA HOXE

O Xornal Galicia Hoxe adica unha páxina a Demo Editorial cun reportaxe moi completiño de Montse Dopico.
Pola nosa parte seguimos a traballar sen descanso no vindeiro tour de presentacións que iniciaremos con Dani Montero (SEN MIRAR ATRÁS), Manolo Poy e Miguel Fernández (O FILLO DA FURIA) en setembro.

viernes, 20 de agosto de 2010

OS LOBOS OUBEAN DE NOVO

SÁBADO 21: MARATÓN DE SINATURAS DE M.CRÁNEO NO XXXI FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE
Despois dun ano no circuito, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo seguen dando guerra. Demo Editorial contará cun stand de venta durante o festival onde se poderán adquirir este e demáis títulos editados polo noso sello. Para a ocasión, o autor fará un maratón de sinaturas de 12:00 a 20:00 que incluirá unha presentación do cómic na taberna Os Irmandiños ás 13:00 horas e que contará tamén coa presenza de Miguel Teixido, xerente da entidade Euroeume.
O resto do día, o autor situarase no torreón do castelo para resistir as hordas de lectores que por alí se acheguen, armado de lápiz e pincel. Cráneo xa estivo convidado o ano anterior ao festival para dalo pregón.

O album editado por Demo Editorial en colaboración con Euroeume estase a convertir nun clásico da banda deseñada galega, con varios miles de exemplares vendidos nun ano, e comenza a falarse xa dunha posible segunda entrega protagonizada de novo por Lopo e Martín de Ferreira.

martes, 17 de agosto de 2010

REMATADO O VIÑETAS 2010

Dani Montero firmando exemplares no Quiosko Alfonso.
Manel Cráneo firmando exemplares no stand.
Rematou o Viñetas 2010 cun balance moi positivo para Demo Editorial. As nosas novidades foron un éxito de ventas, os nosos autores cansáronse de firmar exemplares, tivemos a ocasión de reencontrarnos con vellos amigos e coñecer a outros novos e isto non fixo máis que empezar.
A partir do mes de setembro iniciamos a campaña promocional de O Fillo da Furia, con Manolo López Poy e Miguel Fernández percorrendo Galicia e tamén por diversas cidades españolas Dani Montero presentará a súa obra Sen Mirar Atrás, que comenzará a distribuirse na súa edición en castelán en setembro a través de SD Distribuciones.
A primeira cita confirmada é o día 9 en FNAC (A Coruña) con O Fillo da Furia.
(Fotos: Manu e Patri)

sábado, 7 de agosto de 2010

CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA VIÑETAS 2010

XOVES 12
13:00 horas PRESENTACIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS
Cós autores Dani Montero, Manolo López Poy, Miguel Fernández e Manel Cráneo
LUGAR: Na carpa da Rúa do Cómic (zona Xardins Mendez Nuñez)

SESIÓNS DE SINATURAS AUTORES DEMO EDITORIAL

STAND DEMO EDITORIAL
XOVES 12

18:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

VENRES 13

20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

SÁBADO 14
18:00 horas DANI MONTERO
19:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
21:00 horas DANI MONTERO

QUIOSKO ALFONSO
Viernes 13
18:00 – 20:00 DANI MONTERO NA SINATURA DE AUTORES CONVIDADOS
Sábado 14
12:00 – 13:30 DANI MONTERO NA SINATURA DE AUTORES CONVIDADOS



miércoles, 4 de agosto de 2010

SEN MIRAR ATRÁS

MAMED CASANOVA

NOVIDADES DEMO EDITORIAL PARA O VIÑETAS 2010


Despois de meses en silencio desde o éxito de OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo, Demo abre novamente as súas portas a dous novos proxectos de banda deseñada en galego. A vindeira semán aproveitando o marco do Viñetas Desde o Atlántico presentaremos dúas novas obras.

Queremos que estas dúas novelas gráficas se vendan en primicia no ámbito do Viñetas polo se poñerán á venta, en exclusiva, nas librarías especializadas que participan no festival, antes de chegar ao habitual circuito libreiro.

A primeira novidade é MAMED CASANOVA; O FILLO DA FURIA, unha obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández. Unha historia de aventuras, biográfica e en tono de suspense, sobre o mítico bandoleiro romántico. Un home que durante tres anos mantivo en tensión a toda a comarca do Ortegal. Unha narración áxil onde os autores percorren acertadamente os pasos deste personaxe condeado ao malditismo. Un excelente prato para os que lles guste comer rebumbios de historia e acción.

A outra novidade é SEN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero. Obra galardoada có Premio Castelao 2009 que outorga a Deputación de A Coruña. Unha roadmovie con final sorprendente que demostra a calidade narrativa do autor no que supón a súa primeira primeira novela gráfica.
A obra foi presentada onte na Deputación de A Coruña e contou coa presenza do presidente Salvador Fernández Moreda, Miguelanxo Prado, promotor do concurso e membro do xurado, e o propio autor, Dani Montero.
Contaremos con dúas edicións (castelán e galego) coa particularidade de que a edición en galego conta cunha ampliación da obra e páxinas con contidos extras.
SEN MIRAR ATRÁS contará ademáis, cunha exposición de orixinais durante a edición do Viñetas Desde o Atlántico 2010.
Demo Editorial estará tamén presente no salón cun stand de venta e varias actividades programadas das que iremos informando puntualmente nos vindeiros días.

jueves, 6 de mayo de 2010

MINI EXPO "OS LOBOS DE MOECHE"

Ata o día 29 de maio pódese ver unha mini expo con 9 pranchas do album Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo dentro do Festival Artístico Paralelo 43º 21´45´´ en Jorge y Conde, rúa Barcelona 86, A Coruña.