lunes, 14 de mayo de 2012

CHARLA DOS AUTORES DE SÁLPOCK EN FNAC (A CORUÑA)



Este mércores, día previo ás Letras Galegas, charla de presentación de "Sálpock. O Val dos Cegos" en FNAC (A Coruña), coa presenza dos autores e o experto en banda deseñada e colaborador de Demo Editorial, Henrique Torreiro.

Farase un pase imaxes do album e do trailer-book e os asistentes poderán falar cós autores de cómic e ciencia-ficción e xogos de rol. Acto seguido os autores asinarán exemplares do libro.
Non volo perdades!!

Comunicamos tamén que FNAC agasalla estes días cunha postal exclusiva entre os seus amigos en facebook, deseñada e asinada polos autores para a ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario