martes, 23 de octubre de 2012

AVANCE DE DÚAS PÁXINAS: "A TORRE DOS MOUROS"

Adiantamos as dúas primeiras páxinas do comic-book, "A Torre dos Mouros", de Manel Cráneo, realizada en torno a unha posible hipótese de uso do xacemento altomedieval denominado có mesmo nome e ubicado en Lira. A publicación, realizada có asesoramento do arqueólogo e director da excavación, Antón Malde e do historiador e periodista Manuel Gago, conta con 12 páxinas.

Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.  
A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia a través da canle de distribución da propia editorial, que comercializará o título, nun pack xunto a unha nova edición de Os Lobos de Moeche, nas vindeiras semáns.


1 comentario:

  1. Xa tardades en publicala historia, o inicio e impresionante!

    ResponderEliminar